Posts Tagged ‘Xerais’

Poesía dos 80

O outro día recibín un agasallo inesperado. Un lote de libros de poesía, editados por Xerais hai máis de vinte anos e que rescatados do abandono e a humidade dalgunha caixa dalgún soto, chegaron a min.

Eu era moi novo cando estes volumes vían a luz e non tiña recordo do fermoso formato e deseño da colección de poesía ventobranco. Os libros teñen un formato moi atractivo e moitos deles teñen ilustracións e gravados. Son libros difíciles de atopar, que penso que non foron reeditados. Foi unha ocasión única para min de achegarme a esta poesía.

Gocei moito co primeiro poemario de Antón Dobao, coa irreverencia e macarrería dos rompentes, coa forza poética de Ramiro Fonte, cos poemas de X.M. Álvarez Cáccamo (do que lera parte na antoloxía de Helena González), con Tovar e, como non, con Pexegueiro.

Un agasallo marabilloso. Moitas grazas (xa sabes quen).