Posts Tagged ‘Pearl Jam’

Os d1sc0s

Chegoume este encargo de ak e ainda que tarde (non tiña irterneert!), vou facer a lista dos dez cedés.
Ao ver que se trataba de facer unha lista cos 10 mellores discos, asusteime un pouco. Non creo que poda facer semellante cousa, sobre todo porque me levaría centos e centos de horas decirdir cales son os mellores. Ademais seguramente hai discos mellores que nunca escoitei nin chegarei a escoitar.
Por iso fixen a lista baseándome nun criterio algo máis obxectivo. Vou facer a lista dos discos que escoitei máis veces na miña vida. Ou eso creo.

1. Pearl Jam – Ten
Deste estou seguro, é o que máis veces escoitei (e sigo a facelo) na miña vida. A primeira vez que chegou ás miñas mans foi nunha cinta TDK grabada centos de veces cun son espantoso. Aínda así, engancháronme. Estívenlle dando a lata a todos os meus amigos con eles cousa dun ano.

2. Red Hot Chili Peppers – Californication
Con este non tardei nada en engancharme. Cheguei a escoitalo tres e catro veces seguidas.

3. Pink Floyd – Wish you were here
Non sei se é este ou o Dark side of the moon o que máis escoitei de Pink Floyd. Podería facer unha categoría compartida. Grandes discos calquera dos dous.

4. Metallica – S&M
Este cd regaláronmo ao tempo dun reproductor de cd’s. Escoiteino tantas veces que a caixa está feita un noxo e aos cd’s pouco lles queda para perder o grafismo. Sensacional para o meu gusto.

5. Led Zeppelin – IV
O primeiro cd que escoitei de Led Zeppelin. Encantoume. O Stairway to heaven segue poñéndome os pelos de punta. Ainda que se tivera que elixir, quédome con Since I’ve been loving you do Led Zeppelin III. Como anécdota, unha vez vin nuha listaxe de cd’s este disco como: Led Zeppelin-Viejo con leña.

6. Muse – Origin of symmetry
O que máis escoitei deste grupo que escoitei e sigo escoitando moitísimo. Encántame o xeito de tocar a guitarra de Matt Bellamy. En directo son xeniais.

7. Cream – Disraeli gears
Escoiteino por vez primeira no instituto, en clase de latín. Non pensedes que estaba co discman (que antigo soa isto) en vez de prestar atención, foi o mestre quen puxo o cd. Ese mesmo ano tamén nos puxo Hendrix, Iggy Pop e Deep Purple. A carátula é xenial.

8. Dream Theater – Live scenes from New York
Foi o responsable de que me enganchara a este grupo. O directo está moi logrado e os temas son boísimos. É incrible como tocan todos eles. Puxen a carátula orixinal, que foi censurada. Adiviñades a data do cd?

9. Dire Straits – Brothers in arms
Pasei anos escoitando os discos de Dire Straits, este e posiblemente o que máis escoitei. Mark Knopfler segue sendo dos meus preferidos.

10. Primus – Antipop
Este grupo é o último de todos estes ao que me afeccionei pero collino con moitas ganas, se fago esta lista dentro dun ano seguro que xa subiu. Gústame sobre todo o baixo de Les Claypool.

Mmmmúsica, oh si!

Chégame un requerimento da Raíña Vermella que creo que partiu de mariademallou. O caso é que elaborar unha lista de cancións sempre é complicado, pero coido que desta volta o será aínda máis porque teñen que ter unha asociación sensual/sexual. Déixovos logo aquí o meu top-five de música para prender o lume. Que as desfrutedes.
P.D. Se ao acabar tedes unhas gañas irreflenables de procurar ao Pastor Eléctrico, recordade que é simplemente pola música 😉

1- Romeo & JulietDire Straits -> Para os románticos
2- Love, hate, love – Alice in Chains -> Para indecisos
3- Lover you should have come over – Jeff Buckley -> Para os sensibles
4- Foxy Lady – Jimi Hendrix -> Para os resentidos
5- Last Kiss – Pearl Jam -> Para tod@s

Deixo un bonus track do home que fixo que me namorase dunha guitarra.

Como non sei moi ben quen queda sen facer isto, quen se sinta con ganas de continuar o mmmúsica, que o continúe.