Posts Tagged ‘Jeff Buckley’

Jeff Buckley 1966-1997

Hoxe cúmprense 10 anos da morte de Jeff Buckley. De non teren morto, é posible que fóse o máis grande músico dos U.S.A. pero a historia non sempre está dacordo coas miñas intencións.

A primeira vez que escoitei Grace, fiquei prendado totalmente. Encantábame o xeito de tocar a guitarra, os arranxos e, sobre todo, esa voz. A voz de Buckley é algo impresionante e que é imposible de imitar, é demasiado persoal. É unha voz fermosa, con moitos matices e variacións e que fai que a música de Buckey sexa única e marabillosa. Jeff tardou en darse a coñecer como cantante. Comezou como guitarrista. Seus pais eran músicos tamén. Súa nai, Mary Guibert era pianista e ao carón de seu piano e a súa voz, o pequeno Jeff medraba coa música como lingua nai. Escoitaba aos grandes mitos da música rock dos 70 e xa con 12 anos tocaba no seu cuarto tódalas melodias de Led Zeppelin.

As causas que rodearon a súa morte non quedaron moi claras, o feito e que morreu afogado en Memphis. Curiosamente no berce do Rock&Roll morreu o que podería ser o novo mestre da música popular. Hai teorías que apuntan a que sofría un transtorno bipolar, outras falan de suicidio, de mala sorte… O feito é que morreu e quedamos sen un músico brillante e teriblemente semsible para a música. Eu hei de recoñecer que me teño emocionado moito coa súa música e que me produce unha admiración profunda e sinceira.
En vida so nos deixou o magnifico álbum Grace (1994), que todo o mundo debería escoitar. Nel aparece a versión de Hallelujah de Leonard Cohen que é posiblemente, xunto con Grace, a súa canción máis coñecida. Logo hai varios directos editados nos que destacan Mystery White Boy e Live a L’Olympia. Tamen están editadas as demos que grabara para o que sería o seu segundo álbume, My Sweetheart the Drunk, e unhas sesións previas á gravación de Grace xunto co guitarrista Gary Lucas baixo o título de Songs to no one 1991-1992.

A súa influencia dentro da escena alternativa e indie é enorme e xente como Thom Yorke, Matt Bellamy, Chris Cornell e P.J. Harvey entre outros así o manifestaron. Entre os varios temas de homenaxe a Jeff Buckley, seleccionei uns cantos para que os desfrutedes.


Memphis – P.J. Harvey


Wave Goodbye – Chris Cornell

Mmmmúsica, oh si!

Chégame un requerimento da Raíña Vermella que creo que partiu de mariademallou. O caso é que elaborar unha lista de cancións sempre é complicado, pero coido que desta volta o será aínda máis porque teñen que ter unha asociación sensual/sexual. Déixovos logo aquí o meu top-five de música para prender o lume. Que as desfrutedes.
P.D. Se ao acabar tedes unhas gañas irreflenables de procurar ao Pastor Eléctrico, recordade que é simplemente pola música 😉

1- Romeo & JulietDire Straits -> Para os románticos
2- Love, hate, love – Alice in Chains -> Para indecisos
3- Lover you should have come over – Jeff Buckley -> Para os sensibles
4- Foxy Lady – Jimi Hendrix -> Para os resentidos
5- Last Kiss – Pearl Jam -> Para tod@s

Deixo un bonus track do home que fixo que me namorase dunha guitarra.

Como non sei moi ben quen queda sen facer isto, quen se sinta con ganas de continuar o mmmúsica, que o continúe.