Riofero

En Riofero, a última novela de Xelís de Toro, atopei elementos que me trouxeron á mente as novelas de viaxes e aventuras que devoraba cando rapaz. Robinson Crusoe, A Illa do Tesouro, as viaxes de Phileas Fogg… Tamén os filmes, case que sempre cutrosos, de aventuras na selva, con heroe ao Indiana Jones, rapaza guapa -que ensina cacho nunha parte da historia-, brután de bo corazón, o neno coa gorra dos Yankees de O templo maldito e uns malos moi malos. Amais dun misterio por resolver e doses de acción. Todo iso témolo en Riofero. Pero hai máis.

Ao igual que en Terminal (e tantas outras novelas), a viaxe do personaxe chamado Marqués simboliza a súa propia viaxe interior. A súa viaxe na procura da historia, a procura de converterse en escritor. Na primeira temos as vías do tren que rematan na terminal e nesta última, o rio que dá e quita a vida. As viaxes conlevan mudanzas nas personaxes, pero o camiño está trazado, non hai xeito de escapar del.

Porén, Riofero é máis ca iso, é unha homenaxe á literatura, unha viaxe pola literatura, polo contar (e polo contador) de historias. Xelís condúcenos a unha viaxe na procura da historia a escribir, aos problemas de narrala e ao resultado desa pesquisa; a escrita, que é a procura de palabras que acaban conformando un ente irreal, fantasmagórico. A historia.

A fotografía está tamén presente aínda que dun modo máis “literario” ca en Terminal. Libro do que haberá que falar algún día neste blog.

Para complementar a lectura e desfrute do libro, hai unha serie de audios que se poden escoitar aquí ou tamén descargalos n’A Regueifa.

Tags:

5 Responses to “Riofero”

  1. Aliada entrópica di:

    Pois xa tiña eu gana de botarlle un ollo á última deste siñor tan magho, pero despois de toparme con este ente fantasmagórico-eléctrico apetéceme máis.
    Un biquiño

  2. Aliada entrópica di:

    PD: Non llo adica a Suso de Toro e Cabeza de Vaca? 😀

  3. O pastor eléctrico di:

    Pois é un libro fabuloso, dos que se desfrutan páxina a páxina. E non, non vai a dicado tampouco a Francisco Pizarro :p

  4. A Raíña Vermella di:

    Dan unhas ganasirresistibles de lelo, sobre todo para quen, coma min, devoraba Verne e Conan Doyle, tamén na súa vertente de aventuras (liches as do Profesor Challenger? son brutais)

  5. O pastor eléctrico di:

    Non, non tiven a sorte de telas a man no seu momento. Pero hai tempo para todo. Supoño.