La venganza de Don Tacos

Internet non deixa de sorprenderme nunca. Xa falei nalgunha ocasión dese placer escuro meu que consiste en recuperar xogos de infancia. Isto lévame ás veces a ter que buscar moito pola rede porque non lembro os nomes dos xogos ou sinxelamente porque tiñan nomes distintos noutros paises (xeralmente dependía das rexións de codificación de vídeo).

Estes días andamos argallando cos emuladores de recreativas. Xogando ao Bomberman (aka DynaBlaster), ao Metal Slug, ao Baseball AllStars 2, ao Street Hoop e ao fantástico Pang! 3 atopado grazas ao seu nome en USA, Buster Buddies. O máis curioso é que en internet non hai moito acerca deste xogo do que eu recordo alomenos sete recreativas na miña cidade natal. O xogo é unha variante do Pang na que os fondos son obras de arte famosas, podes xogar en tres modos diferentes e hai catro personaxes a elixir. Unha panteira rosa, unha cabareteira, un pirata e un mexicano. Don Tacos, que é como se chama este mexicano, leva bigote, pistolas, sombrero (pronunciado así: sɒm’breǝ.ɾəʊ), e maracas.


A grande descuberta foi que Don Tacos (como cabería agardar por outra banda), non é só un personaxe de videoxogo noventeiro. É un produto dunha marca xaponesa de snacks (*) (cal sería a palabra galega?) chamada Koikeya e que ten unha publicidade mais ben estraña para un público occidental e que non comprede o xaponés como é o meu caso. Se alguén me pode traducir os anuncios agradecereillo moito.

Así é, internet é o reino da astracanada.

* Petiscos. Grazas pola resposta Mario.

Tags:

4 Responses to “La venganza de Don Tacos”

  1. Mario di:

    Vaia historia, as miñas lembranzas de recreativas redúcense ao Final Fight e ao Street Fighter, que eramos rapaces duros e os idem (os duros) andaban escasos como para gastalos en xogos de pelotitas. O que nos perdimos.

    A tradución há de ser “petiscos”. Y que viva Don Taco!!!!

  2. A rapaza do arco di:

    Frikiiiiismo Maaaaaximo!! con transcrición fonética e todo (sɒm’breǝ.ɾəʊ):D
    Os Don Taco teñen pinta de ser saborosos e indixestos 😉

  3. A Raíña Vermella di:

    Diossssssss! Non tiven infancia!!!! Que facía eu namentres tod@s xogabades a todos estes xogos? Maldito Tragabolas!

  4. Aliada entrópica di:

    Opastor é un abuson! Eu non me explico como creciches. Se o soubese antes, pasaba de miña nai cando me berraba “Sale de ahi, toma o aire que vas enfermar!”.

    No primeiro di o triste pseudo-oriental-mexicano que non come: “Nacho e Lee, se son Don Tacos eu cámbioche Lee…” Fan oídos sordos e respostan con “Na na que”? Don Tacos encabrónase (“Dai e calá!”) cando repentíndollo eles pasan e acaparan os petiscos*;). Ben visto é unha escena moi da infancia de calqueira con irmáns. O segundo non sei que di, que está en xaponés. XD