Snow Crash

Dise que Neal Stephenson plantexou a través desta novela unha transformación do xénero cyberpunk, non tanto no contido coma na forma. É certo que o humor (a personaxe central chámase Hiro Protagonist) e as súas teimas persoais (o skate, a música…), mestúranse con elementos propios do xénero coma a vertente escura e perigrosa da tecnoloxía, a destrución da sociedade tal e como a coñecemos, as drogas, etc. O autor está moi influído polo cinema e a literatura inmediatamente anterior, o que se advirte nun uso masivo de estereotipos paródicos: a mafia, os repartidores, os piratas… Renóvase en parte a estética mais a esencia está aí. Eu inevitábelmente asociba a Raven coa personaxe de Kurt Russell en Escape from New York.

O resultado é unha novela moi entretida que as veces semella un xogo de rol, outras unha novela de misterios e historia, outras un foro de internet… Destaca a achega que fai ás civilizacións antigas, ás linguas e cultos primeiros que levan, nese mundo frenético e dominado pola tecnoloxías da información, as chaves para a súa destrución. Os mitos sumerios e hebreos obteñen unha significación nova a través da linguaxe informática. Os virus e os conxuros acaban sendo un só.

Un dos puntos máis interesantes do libro é o concepto de metaverso. O metverso é moi similar ao internet coa diferenza de que navegamos por el en 3D mediante unha representación holográfica da nosa persoa denominada avatar. Hoxe en día non reulta especialmente rechamante, pero estamos a falar dun libro de 1992. O metaverso é en certo modo o que sería o Second Life, pero un nivel máis arriba.

A mágoa é que o libro vai perdendo forza. O desenlace da trama non está ao nivel do resto da narración e un queda cun sabor agre, do que puido ser e non foi.

Tags: ,

5 Responses to “Snow Crash”

  1. Aliada entrópica di:

    Mágoa de final, pero polo que contas en conxunto parece interesante.

    Hai un capítulo de Furutama que Lila e Fray (ou como se escriba) fan iso de navegar en 3D x internet. Sairía de Snow Crash?

    Eu non digo con quen asocio inevitábelmente a Kurt Russel en Escape from New York (a excepción do parche e a pésima interpretación característica do tipiño, eh Paul? :P)

    PD: Na imaxe eu vexo un pingüino enfadado, e ti?

  2. O pastor eléctrico di:

    Non estou seguro do de Futurama, pero é bastante posible, polo concepto de cidade con moitos anuncios e salas nas que obter datos.
    Na imaxe eu vía uns dedos facendo os cornos. Pode ser un bo concurso.
    QUE VEDES NA IMAXE?

  3. Santo2000 di:

    Eu vejo a Jesus. Nom é conha!!!

  4. A Raíña Vermella di:

    Eu vexo un unicornio rampante (en serio!) Cres que teño un problema? Non me deixas mais opción que ler o libro, aínda que só sexa para levarche a contraria (ou non)

  5. O pastor eléctrico di:

    Creo que isto se pon máis interesante. Pingüíns, unicornios e fillos de deuses. Que será o seguinte?
    Gracias por participar.
    Anímate a ler o libro Raíña, sempre está bne levarme a contraria.