THX 1138

O primeiro filme de George Lucas. Non chegou con iso? Ben, engadirei algo máis. Robert Duvall (sen táboa de surf).

É un filme do ano 71, ainda que se rodou no 69. Lucas preséntanos unha distopía ao estilo de 1984 ou Un feliz mundo novo. Unha sociedade totalitaria, construída baixo a terra, vixiada e controlada mediante a tecnoloxía. Os individuos están sometidos a un sistema de inxesta de drogas que anula a voluntade e agudiza a atención para o traballo. Un sistema baseado na productividade e a economía, estimulando o mercado mediante o control das autoridades, a relixión e as propias drogas. Un mundo aséptico e libre de sentimentos, cunha atmosfera claustrofóbica; case en todo momento os fondos son branco luminoso.

Unha historia sinxela, debedora de Orwell e Huxley. Ten algún efecto sonoro dos que aparecerían logo en Star Wars (e divertido escoitar o sabre láser) e incluso unha transmisión de radio menciona o atropelo dun wookie. Asi mesmo é a primeira producción de American Zoetrope, a productora de Lucas e Coppola.

Tags: , , ,

3 Responses to “THX 1138”

  1. Nela di:

    Soa moi interesante! Xq nunca oíra falar dela? …Moitas ovellas me quedan por gardar…creo q vou pasar pola do Pastor q xa ten o traballo de recolecta feito. ;P
    Penso que, dspois da maratón Star Wars, se o público queda satisfeito podería poñerse un plus con esta peli,non? Por iso de non encasillar ao director…
    Bico!

  2. Santo2000 di:

    Freak!!! Xd.

    Que tal, meu? Como che vai a vida? Hai muito tempo que, nem nos vemos nem falamos. Temos que combinar um dia, ainda que seja para umha ceia. Por certo, já tenho o carné de conduzir.

    Já vês, em Vite imos sempre um passo por diante. Somos a vanguarda de Europa, haha.

    Abraço

    P.D: Nom sei de que vídeo me falas. Pode ser um vídeo de Camarón que subim desde o YouTube para fazer umha prova e que depois apaguei?

  3. Roi Buligan di:

    pois si que mola ese filme, encántanme as sociedades totalitarias e alienadas!!!! non será un teaser? 😉