Adaptando Lovecraft

As adaptacións cinemátográficas sempre me provocaron curiosidade. Ás veces é simplemente polo feito de ver se alguén imaxinaba o libro tal e coma eu a facía ao ler. Co tempo é máis por ver se consigue crear algo propio e interesante a partir dunha obra anterior. A maioría das adaptacións non deixan de ser froito do afán por aproveitar o tirón dun éxito de ventas, pero ás veces sorpréndennos con obras marabillosas que empregan a linguaxe cinematográfica, con todo o seu potencial, para crear algo novo. Aí é donde as palabras “Based on…” collen significado, o certo e que normalmente debería por “Translated of…”.

Unha das curiosidades neste mundo é o filme “The Call Of Cthulhu” realizado a partir do relato homónimo de H.P. Lovecraft pola H.P. Lovecraft Historical Society. A produción é do 2005 ainda que a intención é que semelle de 1926. Está rodada en branco e negro e é muda. As técnicas de rodaxe emulan ás do expresionismo alemán e hai unha banda sonora de piano que acompaña a acción. Non faltan as sombras, o cartón-pedra e incluso hai unha escena con candeas e farois.

Chama a atención (por se non chegase co anterior) o feito de que un relato tan complexo, a nivel de foco e modalización narrativa, fose tan ben adaptado xa que non perde a intensidade, desconcerto e tensión do relato orixinal. Cando tiven a oportunidade de ver o filme foi unha sucesión de sorpresas, cando pensaba que non podía superarse, superábase. O momento álxido deste filme con tales pretensións historicistas e de fidelidade co autor é un intertítulo en Noregués que pon de manifesto a incomprensión oral entre dúas personaxes.

Se tedes curiosidade visitade o sitio web do filme. Hai moita información, escenas e demais cousas propias de tales lugares.

Tags:

3 Responses to “Adaptando Lovecraft”

  1. W. Sobchak di:

    POis poremos a mula a traballar…

  2. A Raíña Vermella di:

    O do intertítulo en danés si que é demasiada pasión por lo suyo…
    Mira que papei Lovecraft de adolescente (e así quedaches, que diría miña nai) en cantábame esa atmosfera inquedante e de desconcerto constante. Para min, un dos mellores autores de terror/sci-fi, especialmente polo ben que aguanta o paso do tempo (na miña opinión, porque renuncia aos “bechos” en favor do indescriptiblemente terrorífico). Haberá que botarlle unha ollada a esta xoia do frikerío cinéfilo 😉

  3. O pastor eléctrico di:

    Que traballe, que paga a pena :p
    Si que é unha xoia, por algo é produto da Sociedade Histórica HP Lovecraft… Botádelle un ollo.