Tempo libre

Bonito título, tería que ser unha soa palabra e de seguro,a súa sonoridade sería perfecta. Penso que se algo nos da liberdade, ese algo, ten que ser por forza, o tempo libre. Permítenos adicarnos a cousas que realmente nos interesen, enriquezan ou entreteñan. O meu ser, que está composto por un tercio xogocínia (unha ludopartícula bastante común), anda estes días explorando o Ciberespazo na procura de entretemento para as (poucas) horas de ocio. Logo de percorrer largos camiños de bits, achei ao fin algo que me cautivou. Ese algo é Ryzom. Ryzom é un MMORPG (Massively Multyplayer Online Role-Playing Game), é dicir, un xogo de rol en rede. O feito de que esa rede sexa internet (e non unha rede local), fai que o número de xogadores sexa enorme e a orixe de cada un deles, moi diferente.
O motor do xogo foi creado por Nevrax e ten unha licenza GPL (General Public Lisence) Pero recentemente foi mercada por Gameforce e non sei se seguirá a ser así.
Non tiven tempo de xogar moito, de todas formas, non pretendía contar aquí a trama do xogo. Ryzom é un bo exemplo de MMORPG, que é do que pretendía falar. Esta clase de xogo é un formato moi extendido, e fai reflexionar sobre o tipo de xogo que está en boga nestes tempos. Os xogos ocupan un oco no entretemento moi importante, incluso apartando outras ocupacións con máis antigüidade. O caso é que hai dous tipos básicos de xogos: os colectivos e os individuais. Dos individuais xa falarei noutro momento. O que me parece interesante destes xogos en liña é que son, dalgunha forma, de todos. Todos xogamos a mesma partida é, ao mesmo tempo, a nosa própia. É por iso que deberían seguir sendo libres, xogar é outra forma de se expresar, e xa teño falado aquí da importancia da liberdade de expresión na rede, xa que semella que o Ciberespazo é un dos poucos reductos onde aínda é válida.
Anímovos a participar e se tedes suxerencias doutros MMORPG, non dubidedes en compartilas.

Tags:

7 Responses to “Tempo libre”

  1. Arale Norimaki di:

    Paranoia, Homos Ludens e agora xogocínia…cando estou a aprender eu estes días de reclusión médica.
    Coido que de MMORPG podenche dicir bastante O Breogán, Pris, ou El Duende, por mentar ovellas que me resultan familiares…de seguro que hai milleiros máis.

  2. Mario di:

    Para quen só moi recentemente soubo o que era unha conexión de alta velocidade ou unha tarifa plana 24h, o tema dos xogos en liña constitúe un arcano. Todo o máis eses de tiros nos cibers… agardo máis información.

  3. cambote di:

    Para falar distas cousas recorro ao que me conta un amigo, porque o dos xogos nas maquiniñas e todo iso nunca me tirou.
    Este amigo di que ó xogo ó que é adicto, warhammer?, ou crammer, ou algo así, seica é moi coñecido, pois que ten máis habitantes que moitos países, decetantos millóns, polo visto. E no servidor ó que el está conectado seica conta con cento vinte ou corenta mil usuarios.
    Di que os mellores, os que gañan nos campionatos do mundo son os coreanos, que toman estes xogos moi en serio, preparándoos durante 12 ou 14 horas de media cada día.

  4. moucho branco di:

    Eu é que son de RPG de toda a vida, Final Fantasy dos 8 aos 128 bits… e dragon quest, vaia.
    En PC Oblivion, Neverwinter Nights e roios así, pero en plan individual, sen internet.

    un saúdo.

  5. cambote di:

    Veño de recunca para rectificar:

    estiven onte co meu amigo e onde el perde as horas é neste sitio

    http://www.worldofwarcraft.com/index.xml

  6. O pastor eléctrico di:

    Gracias polas ligazóns Arale, seguirei de preto esas ovellas. Mario, non te preocupes, a información non é problema, segue atento que haberá máis entregas sobre MMORPG e RPG.
    Xa me parecía que te referirías ao World of Warcraft, Cambote. Dicir que a saga Warcraft áchase entre as miñas favoritas, pero son máis dos Warcraft de toda a vida, non son usuario do WOW.
    Moucho, deberias probar os MMORPG se eres habitual dos RPG, seguro que os disfrutas. Se eres seguidor da saga Final Fantasy, acaba de sair o Didge of Cerberus, que retoma a historia de FFVII (o meu favorito) na personaxe de Vincent. Non é un RPG, éé mais ben de acción/aventuras. Tamén estará a piques de se estrenar a película FFVII: Advent Children que continúa a historia de FFVII e que é impresionante a nivel gráfico. Non sei cando se estrenará por estes lares, pero está dispoñible na rede unha versión subtitulada en español.
    Moitas gracias polo voso interese.

  7. moucho branco di:

    En canto á saga FF en realidade só me interesa aquelo que é RPG, que agora mesmo se traduce na saída do FFXII en febreiro (non da pasado o tempo). A de avent children vinna xa hai moitísimo en xaponés subtitulada, parece mentira que aínda saia aquí agora… Coincido contigo en que o FFVII é o mellor, ou non sei se o mellor, pero dende logo o mais entrañable e o que se lembra con mais cariño, anque o V e o X foron similares nos seus tempos respectivos.
    O que me ten totalmente expectante é que o vídeo desenrolado por Square para o E3 no que se vía a intro do FFVII correndo polo motor de PS3 cristalice tal e como din os rumores nun remake desa entrega para a nova consola de Sony este ano no que se cumple o X aniversario da súa saída, como fixeron co primeiro Tomb Rider…

    un saúdo.