Pesadelo (antes) de Nadal

BSO- The Nightmare Before Christmas

Para ser certos, os pesadelos soen vir por culpa das enchentas que adoito meterlle ao meu corpo a noite antes do Nadal, mais os pesadelos son constantes.

Sabedes que é peor que un altofalante con panxoliñas todo o día ao carón da fiestra do teu cuarto? Pois que se repitan até o infinito e que ademais sexan estrañas versións discotequeiras de panxoliñas aborrecíbeis e… cal é o superlativo de ñoño? Pois iso.
Tamén é un pesadelo, este conceptual, o sentido da decoración que teñen os amábeis conveciños, vin un feixe de renos famélicos e pais nadais a piques de morrer en accidente laboral por non levar posto o arnés de seguridade. O das luces de cores xa me supera, o outro día, conducindo pola noite, non sabía se que aumentara o número de puticlubs da estrada ou que a Guardia Civil decidira saír do armario e montar unha tremenda festa.

En fin, que non todo pode ser bo, e as vacacións hai que pagalas dalgún xeito, así que intentade pasar o mellor que poidades estes días.

Eu fareino. E agardarei polos novos filmes de TIm Burton pacientemente.

Tags:

10 Responses to “Pesadelo (antes) de Nadal”

  1. Hahahaha. Qué ocurrensia, doctor! Meu pobre! Pon cascos que senón che sae a vea homicida!
    Ah! Se te cebas matámoste polo San martiño, tú verás.

    Imaxinei á guardia civil cantando “we´re familyyy, there are all the sisters with mee!” … … nun sei por que. Pega, non?

  2. pois bon Nadal e feliz solsticio como din os modernos (ou os antigos) A min os pesadelos máis repetidos, son a vértixe, dende barrancos incribles ou edificios altos, as serpentes e as peores, acosadores de rostros cambiantes e longos coitelos (demasiado cine de terror 🙂

  3. * serpente é en portugues non? que fallo!

  4. O da Guardia Civil tería moita saída nun video MTV Aliada, é para pensalo.
    Nunca hai demasiado cine de terror Roi, pero se queres unha boa de CF clásica, recoméndoche On the Beach. Bo nadal para ti tamén.

  5. Eu convivín varios anos cun altofalante con panxoliñas… dende as 8 da mañá!! E como ademais eu era “plano vello” por esas datas sempre tiña exames e non había Bach a toda mecha que apagase as voces histéricas dos nenos repelentes que cantaban. Que unha cousa é que me guste o Nadal e outra que sexa obligatorio.
    P.D. Pesadelo recorrente: ter que facer unha chamada urxente e non ser capaz de marcar o número, por diversos motivos (non me lembro, o teclado está estropeado, non teño móbil, ou a mais espeluznante… non hai teclado!) Que diría papá Freud de todo isto?

  6. Lembro eses altofalantes… Eu teño un pesadelo recorrente, no cal non son capaz de camiñar e alguén morre pola miña culpa, porque non son capaz de axudar. Pode ter relación co teu da chamada. Freud seguro que dicía que a culpa era de mamá, que tiñamos que deixar as frustracións sexuais aparcadas e ter máis autocontrol 🙂

  7. Por certo Pastor, a relación entre altofalantes e cine de ciencia ficción ben merecía un ensaio.

  8. Si, é curioso como adoita ser un elemento narrativo interesante, tanto como método de control coma como de alienación. Debe ser que sentimos fascinación pola malteración da voz ao tempo que percibimos eses aparellos como un elemento autoritario.

  9. (Mil anos despois…) Tou pensando que os vosos pesadelos veñen da mesma pulsión dos dous, un desequilibrado/esaxerado sentido da obriga e a responsabilidade. No teu caso, Raíña, pode explicarse polo curro. Pastor, sentímolo, o teu é patolóxico. Aceptamos Freud no da nai pero non no das frustracións sexuais…homé por dios! de autocontrol nada!
    Hoxe soñei que estaba borracha e falaba, actuaba e sentía como tal… Alguén o soñou?
    Home, no teu caso, Pastor, se soñases iso podería considerarse ate soño de compensación, é necesario un punto para aturar semellante tortura…

  10. If You Want To Sell Or Buying Anything You Should Checkout Our Top Of The Line Auction For Your Buying And Selling Needs With A $25.00 Signup Bonus To The First 200 Members To Join Free Try Our Service Out Hurry And Join Today We Are Looking For Quality Products To Go On Our Auction Website
    List Your Product On Our Auction Try It Out At http://www.hotbids.us Paypal Verified