Mamá quero ser pintor

O outro día tiven a oportunidade de descubrir unha das curtometraxes de fins dos sesenta do meu admiradísimo David Lynch. Non sei por que, pero non se me ocorrera buscala en Youtube. Para aforrarvos tempo, eis o vídeo.

Penso que neste tipo de traballos da súa primeira época é onde mellor se aprecia esa dualidade entre o artista plástico e o desexo de realizar películas. Calquera que estea familiarizado minimamente coa filmografía deste grande do cinema, pode apreciar os seus impulsos pictóricos e o seu gusto polo subxectivo, polo visual, polo distorsionado, polo abstracto… Lynch non é só ese cineasta indescifrábel que as máis das veces deixa ao espectador atónito ou desconcertado, é unha voz propia no mundo da experimentación coa narrción e coa dirección artística.

En fin, penso que poderiamos falar dun pintor de filmes.

Tags:

5 Responses to “Mamá quero ser pintor”

  1. Mae mía, si que impresiona! Lémbrame a algún pesadelo dos que tiña antes dun examen de matemáticas. Lynch debía ser máis de ciencias… 😛

  2. Agurdión di:

    Guau! Paréceme boísimo!

  3. É impresionante. A paixón que lle inspiraba a pintura mesturouse cunha capacidade asombrosa para plasmar en imaxes conceptos moi surrealistas.
    Eu tamén tiven algún pesadelo semellante coas integrais Aliada 😉

  4. ekis1331 di:

    A invención da linguaxe non garante o entendemento senon que incluso fai máis tanxible a incomprensión e o illamento da conciencia… así me quedei despois de ve-la curta… mr lynch tan evocador coma sempre…

  5. Concordo co teu punto de vista ekis1331. Lynch consigue evocar sentimentos moi contraditorios e inquietantes.