GNUinamente libre!

Hoxe toca falar un pouco sobre GNU. O proxecto GNU nace en 1984 coa idea de liberar o mundo da informática do monopolio e a limitación doutros sistemas operativos. O GNU está baseado nun sistema UNIX e hai múltiples distribucións, todas elas gratuitas e opensouce, é dicir, co código aberto. Isto significa que cada un é libre de modificar o seu sistema como mellor lle pareza. Unha das miores vantaxes é esta, pero tamén ten a vantaxe de que é gratuito, de libre distribución (non está suxeito a copy rights) e, por riba de todo, funciona ben!
Das múltiples distribucións que existen, hai unha que comeza a ser particularmente popular, a Ubuntu (XUbuntu e KUbuntu sobre todo). O Ubuntu ten un entorno de fiestras moi semellante ao tradicional Win, pero tamén permite empregar comandos nas shells. É particularmente atractivo para aueles que se queren iniciar no mundo GNU/Linux pola súa simplicidade. De sinxela instalación e posterior manexo, comeza a extenderse o seu uso cada día máis. Ademais, cada seis meses hai unha nova versión disponible, así sempre estás actualizado.
Tras o fracaso estrepitoso do novo Vista, Dell comezou a ofrecer os seus ordenadores con este sistema operativo. Parece ser que Toshiba será a próxima en facelo.
Pode ser que esteamos ante unha liberalización deste o noso mundo paralelo. Se vos animades, podedes descargar o voso Ubuntu aquí.
Free as in free speech, not as in free beer.

Tags: , ,

7 Responses to “GNUinamente libre!”

  1. Mario di:

    Moi boa a frase final, agora entendo o problema dos norteamericanos cando falan de “a free world, a free Iraq…”

  2. Roi Buligan di:

    Eu teño un Dell, mágoa que previo a este cambio…por certo descubrin un músico interesante, un sueco chamado Jens Lekman, soaronme moi ben un par de temas (tamén é certo que estaba a ler fermosas poesías)

  3. Zerovacas di:

    entre todos estádelo conseguindo: voume “ubuntuar” esta semana

  4. moucho branco di:

    Eu confeso que me resito a abndoar os convencionalismos informáticos (o uindous, fundamentalmente) e podo prometer e prometo que non é por amor a Bill, senón por que teño mais medo que vergoña a que logo non me furrule nada, dado que de informática sei mais ben moi pouquísimo e evito os lugares descoñecidos para non favorecer os estropícios…

  5. Arale Norimaki di:

    Vaia…creo que a vindeira fin de semana será adicada a ubuntuar o meu bechiño, a ver se non lle dá algo.
    O certo é que a única experiencia q tiven con linux foi moi grata (salvoume todos os arquivos dun disco duro), así que supoño q non hai excusa q valla…

  6. A Raíña Vermella di:

    O peor do Windows non son os múltiples erros “inesperados” (inesperados para eles, ti xa sabes que vai fallar) senón a idea subxacente de que é o único sistema operativo posible, alomenos para o usuario medio. Unha especie de dictadura conceptual.

  7. O pastor eléctrico di:

    A frase non é miña Mario, é da FSF. Pero si, pode explicar o problema que teñen os americanos para definir segun que cousas.
    Moi boa máquina o Dell Roi. Aínda podes cambiarte, é gratis ;)Por certo, gracias pola recomendación, en canto o escoite xa te comentarei.
    Moi ben Zerovacas, cada día somos máis! De todas formas, Ubuntu non da as máximas posibilidades dos sistemas GNU/Unix. Cando esteas(des) familiarizados co sistema, probade Debian.
    Pois con Ubuntu é complicado facer estropicios Moucho, é moi sinxelo (é certo, non é propaganda).
    Outra máis, viva! É a primeira campaña que levo ao cabo con éxito! Xa verás como a túa vida informática mellora moito Arale. Creo que o Dr.Slump é usuario tamén.
    A que mola cando se colapsa todo Raiña? Imaxínate o Columbia ou o Airbus cun sistema baseado en Win: “PIP. Error del sistema, estrelle el avión y vuelva a encenderlo a ver si funciona. PIPPPPPPPP”