Volver á realidade

Xa se acabou a boa vida, a folganza. Agora volve a dura realidade; a cotidianiedade, os cartos, os analxésicos e mais as presas. Os malditos cartos, billetes que só serven para facer máis billetes -se os tes- ou para ter que botar man dos analxésicos -se non os tes-.
Hoxe é sábado e a realidade deume unha couce na face. O sangue é tan mesto que apenas podo ver o imbécil que son por preocuparme de cousas que nin sequera sei por que teñen que preocuparme. Algún día verei unha luz ao fondo dun túnel, non sei se quererá dicir que estou morto ou que achei a solución a todo aquilo que non comprendo. Seremos tan parvos que en centos de miles de anos de existencia aínda non somos capaces de distinguir o que é real do que non o é? Eu dubídoo a miúdo.
O outro día atopei un billete de 20€, estaba roto. O meu privilexiado cerebro interpretouno coma un símbolo da miña relación coa economía. Así que o tirei no mesmo lugar onde o achei.
Copiei un cd que me deixou un amigo. É unha merda, pero saíume barato. A discográfica chámame pirata, non o entendo, eu merquei o meu cdrom, o meu amigo non me cobrou nada porque somos colegas. É piratería obter mercancía a coste cero por parte dun vendedor coñecído? Ao fin e ao cabo non fun á discográfica a copiar o cd dun dos seus. Cheguei á casa e fixen un bocata de lombo adubado con bacon e queixo fresco fundido, copieino do Pans&Company, eu bótolle pementa e ourego porque non sei que especies leva o orixinal. Teño medo de que me denuncien por copiarlles o bocata para consumo propio. Seica está penado con multas moi altas. Putos cartos!
Non entendo nada.
Dóeme a cabeza vou rematar a botella de bourbon, seguro que logo me hei sentir mellor.

9 Responses to “Volver á realidade”

  1. Agurdión di:

    O que rompeu ese billete de 20, unha de dúas:
    1) Sobrábanlle os cartos.
    2) Acadou ese estado de indiferencia por eles que moitos ansiamos.
    Hoxe estou en plena sintonía cos teus pensamentos.

  2. O caos sempre remata á par dunha botella de bourbon ou dun vaso de güisqui con dous xeos… Ou é o principio do caos? Non sei. Esta noite saio.
    Cando queiras cóbrame os dereitos da túa receita da carbonara… ese truqui si que vale millóns…
    Anímame o teu relato tanto como para pensar en actualizar eu. 😛
    Un bico

  3. Os cartos representan moitas cousas Agurdión, pero hai moitos motivos para rexeitalos, éticos sobre todo. Alégrame que esteas en sintonía.
    O bourbon sempre é un bo aliado para un clima deprimente Aliada. En canto ao da carbonara, xa sabes o que opino das patentes :p

  4. Xenial, este relato deume ganas de beber bourbon e de comer carbonara, e teóricamente hoxe comezaba a miña dieta.

  5. As dietas están para saltalas, pero non te excedas co bourbon que xa ves o que pasa.

  6. se o billete fora de 500 €?
    1) farias uso do celo
    2) farias uso da indiferencia neohippy
    3) farias unha doazón a SGAE
    4) compraríaslle bourbon a raíña

  7. Se fose de 500 sacaríalle unha foto porque non vin un na vida. Podía invitar a Bourbon a todos os lectores do blogue, incluso a puros dos bos 🙂

  8. Ei, seica acaba voçe de ser galardonado!
    moitos parabéns
    Un saudinho

  9. Gracias W.Sobchak! A verdade é que estou moi contento. Foi unha fin de semana moi intensa con premios, manifas e Tarantino para rematar 🙂