Cóctel impactante

Xuntar conspiracións, imperios galácticos, vampiros, mutantes… todo cunha estética fabulosamente steampunk ten que ter un resultado impresionante.
Ese resultado é Ironwolf. O guión é de Howard Chaykin e John Francis Moore e a parte gráfica corresponde a Mike Mignola (responsábel de Hellboy) e P. Craig Russell.

ironwolf_portada

A historia é fascinante, chea de intrigas, violencia e vinganzas. Unha estrutura moi elaborada e un coidado na estética impresionante. Os ambientes palacianos, as vestimentas, as armas, as naves feitas de madeira e cobre… O deseño das personaxes tamén resulta abraiante, vendo uns vampiros moi próximos á estética gótica e mutantes que remiten aos super-heroes da Marvel ou de DC (compañía que lanzou esta novela gráfica).
Para o meu gusto, o enrevesado da trama topa cun final un tanto abrupto que pide unha continuación, mais este semella que non vai chegar.

ironwolf-06

En calquera caso é unha lectura moi recomendábel para calquera amante do xénero ou para quen se queira iniciar, aínda que para entrar de cheo no ambiente steampunk O Pastor recomenda encarecidamente a sensacional serie anime Last Exile.

Tags: , ,

6 Responses to “Cóctel impactante”

  1. espello di:

    Se é un tercio de marabilloso que Last Eile, xa vale a pena.

  2. Arqueira di:

    si, de acordo por completo, se se parece algo a Last Exile ha de valer a pena, e se ten vampiros e un estilismo coidado… aínda máis! Apuntado!

  3. Pois está moi ben. Xa volo pasarei e así opinades.

  4. Eu tamén quero, seareir@s do steampunk!
    Aínda que teño máis ganas deses relatos tan chulos… 😉

  5. Anoto. Aínda non tiven tempo de botarlle o ollo a nada steampunk, anque un día destes ei pillar a famosa ‘Difference Engine’ de Gibson e Sterling.

    Polo que toca á banda deseñada, tíñalle agora botado o ollo a unha serie belga sob o título ‘Les Cités Obscures’, de Schuiten e Peeters. Sabes algo do tema? En inglés son difíciles de conseguir (e non están todos), e en español escoitei que traduciran, anque ignoro a editorial. Aínda terei que rematar por pillalos en francés…

  6. Tamén rulará Aliada 😉
    O Difference Engine está moi ben. Eu lino en español na tradución de La Factoría de ideas. Das bandas deseñadas que falas non teño moita idea, oín falar delas mais non teño ningunha información ao respecto. Proba en portugués, hai bastante tradución de banda deseñada.