O incerto futuro da humanidade

Moitas son as obras de ficción científica que se preguntan sobre o futuro da humanidade en clave catastrófica. Apocalipses, cataclismos, invasións alieníxenas, epidemias, guerras nucleares… Un dos principais temas do xénero é precisamente indagar no futuro negativo que se albisca por accións presentes.

Estes días atrás lin un libriño da mítica colección de Castrelos “O Moucho”, que publicou entre outras xoias o Catecismo do Labrego. O libriño leva por título Homes do espacio e o seu autor é Lois Fernández Marcos. Trátase dunha breve colección de relatos curtos que mesturan a ficción científica coa fantasía. Contos sobre abducións, príncipes guerreiros e futuros apocalípticos. O libro pese a non ter unha calidade literaria demasiado grande, ten o mérito de ser unha das primeiras obras do xénero en galego. Unha aposta arriscada, e máis no ano 1976.

homes-do-espacio

Porén, e retomando o tema dos cataclismos, hai un parágrafo do libro que non consigo quitarme da cabeza e que me gustaría compartir neste espazo. Pertence á historia VIET-NAN 33-35 do libo Homes do espacio.

– O mundo destruíuse lentamente. Pronto sóio quedóu unha sociedade dexenerada de drogadictos e homosesuales. E foron a maldade e o apodrecimento das almas dos homes os que perderon o mundo…

Homes do espacio. Ed. Castrelos. Vigo: 1976. Páx. 18

Hai que ter en conta que está a falar unha personaxe e que non debemos identificar autor con voz narrativa, pero a min non se me vai da cabeza.

Por certo, a imaxe está sacada de aquí. Moi interesante a lista que elaborou Miguel Valverde.

Tags:

3 Responses to “O incerto futuro da humanidade”

  1. espello di:

    Case resulta tenra a inxenuidade do señor este. Os homosesuales van acabar co mundo!! Non vedes que non poden reproducirse? Criminal.

  2. Igual é un movemento suicida en plan xaponés. Volvémonos todos “homosesuales” e acabamos coa especie 😛
    Pode ser que as drogas teñan algo que ver…
    Non. É todo un sindios.

  3. Semellante fragmento Só pode suxerirme:
    vicisitude + Sórdidez + Muerteydestrucción

    😀