Hoxe é día dun agardado nacemento, non me refiro a este. Ao que me refiro é a que hoxe nacen as Historias Eléctricas, que polo menos non precisará dun bautizo e unha vida de luxo á costa do contribuínte. É este un espazo para a creación multimedia, no que se pretende dar cabida a todo tipo de creación pensada para a rede: microrrelatos, videopoemas, relatos flash, poesía cinética, fotografía, hipernarracións, game-art e todo aquilo que se poida axustar a este formato que é a rede.

A idea xa levaba uns meses no ar. Seica a ponte nos fixo ben a tod@s coma desexaba eu estes días atrás. Ao final puxemos en marcha esta versión 1.0 namentres non teñamos presuposto e ganas para unha versión máis atractiva visualmente e con máis posibilidades técnicas.
Intentaremos levalo con enerxía e dar cabida ao maior número de estilos e formas que nos sexa posible.
Se queredes colaborar, podedes facelo a través da caixa de correo: hitoriaselectricas@gmail.com. Agardo que o desfrutedes.

6 Responses to “”

  1. A Raíña Vermella di:

    Por suposto que a nosa criatura é moito mais importante que a Sofi esa! E moito mais barata, dende logo. A ver se temos tantas visitas coma ela, pero aínda que non nos fagan cancións da igual. Aínda que se alguén se anima…
    Bicos eléctricos.

  2. A rapaza do arco di:

    Emprendemos a viaxe!! e esperemos que sexa longa coa axuda de tod@s, que é a parte interesante destas cousas 🙂

  3. Mario di:

    Gústame lembrar estes momentos nos que os proxectos e as súas expectativas parecen algo aínda completamente distinto ao que acabarán sendo (case sempre para ben, como será neste caso).

  4. moucho branco di:

    Viva!, viva!… e vaia equipa de creadores, eh?, 😉

    non me perderei unha sóa das historias eléctricas, boa sorte na andaina.

  5. FraVernero di:

    Bon, supoño que colaboraremos de cando en cando nestas liñas virtuais…
    Se é que non sabedes o que andar argullando con tal de ternos ocupados, eh?

    xD

  6. O pastor eléctrico di:

    R1: Aos 3 primeiros respñostovos nunha soa por iso da economía da linguaxe: Gracias por axudar a sacar isto adiante.

    R2: Moucho, agardo que non te decepcionen. Se queres estás convidado a participar. Escribe ao correo das historiaselectricas. Gracias polo apoio.

    R3: Cando gostes de participar estás convidado tamén FraVernero. Non hai ningún prazo marcado, así que non hai presa nin apuros nas datas de entrega.