Tetris analóxico

Despois de Anim01, atopo esta curiosa performance levado ao cabo tamén por Juan Lesta e Belén Montero. Un Tetris analóxico. Hai que dicir que presenta un grave problema e é que resulta imposíbel gañar, xa que as liñas completas non desaparecen (sería un pouco complexo facelo).

Impresionante. Crearán un Arcanoid ou Super Mario analóxico. Será cousa de tempo.

Tags:

4 Responses to “Tetris analóxico”

  1. Que guai!!!!!!!!! 😀

    Xogar con leis físicas de verdade ten desvantaxes e vantaxes. O malo: a materia non vai desaparecer por moito que a ordenes; o bo: podes volver mover as pezas que xa colocaches.

    Poñeríanlles a música chundachunda a modo de inspiración?

  2. skaltum di:

    Pero se un tetris no cal non se permiten facer liñas cuádruples, é dicir tetris ( como é obvio), pódeselle chamar tetris.
    E aquí ben o trabalinguas do tetris.
    O tetrisador creou un tetris no que non se facían tetris, e un tetris sen tetris , non é un tetris.O tetrisador cómo chamará a este tetris no cal non se poden facer tetris, polo que non é tetris?Existe un tetris sen tetris?.
    Buuffff, con tanto tetris xa me comezan a baixar as fichas do tetris na miña mente, pero tranquilos que na miña mente si que se poden facer tetris… jeje.

  3. Arqueira di:

    como mola! e tendo en conta o moito que engancha o xogo, xa imaxino ao señor que tira as pezas atado á máquina, facendo ese tedioso traballo horas e horas ante a insistencia dos xogadores enganchados 😀

  4. A rapaza do arco di:

    Onte andiven a comentar en varios post teus e o trebello este non mos quixo :_(

    Si que mola moito! e como o xogo engancha mogollón, imaxino ao pobre señor que deixa caer as pezas atado ao aparello sen que o deixen marchar os xogadores adictos… Veranse tamén cadradiños de cores despois de xogar a este? 😀