Desfrutar do momento

Chega o sol. Para quen, coma min, está acostumado á escuridade húmida dos locais de Chiba City e ao baleiro frío do ciberespazo é unha boa nova. O sol quenta a miña pel esbrancuxada na solaina dunha pequena casiña dalgún lugar do caribe. Os meu dedos áxiles galopan polas teclas da miña consola, trato de achar información útil coa que renovar este pequeno sitio, as buscas son intensas e precisan de grande habilidade e, por que non dicilo, resisitencia. Manter as ovellas ao día non é doado. Os servos mecánicos implantados nos meus pulsos e que aumentan a velocidade das miñas falanxes axudan nesta tarefa. Coa man dereita collo un daiquiri que repousaba manso na pequena mesa de bimbio e vidro que tiño ao carón da hamaca na que estou sentado. Sábeme.

Seguirei a buscar polo ciberespazo, con enerxía renovada.

Imaxe: misterbisson

Agora teño esta nova gorida, máis próxima ao meu eu do outro plano da existencia, alí refúxiome das inclemencias. A mudanza trouxo cousas positivas, moitas propostas, traballos, recoñecementos e felicitacións. Unha vez máis, o azar fixo que feitos sen relación algunha podan ser susceptíbeis de correlacións supersticiosas.


6 Responses to “Desfrutar do momento”

  1. O primeiro parágrafo é unha homenaxe a W. Gibson. Xa hai 25 anos que publicou Neuromancer. Os meus respeitos e agradecemento para el.
    Brindo polos bos momentos.

  2. Keep on pastoreando, meu!
    As ovellas precisamos do pastor! e de un bo daiquiri tamén, abofé

  3. Cando remates agárdote entre as olas. Ao solpor prepararei outros dous daiquiris e brindaremos por Gibson e polo azar. É agradábel ter chegado até aquí seguindo sempre a pista deses dedos case aterecidos. Fante ben eses novos implantes. Agora tes máis mans de…pianista. Nunca un pastor tivera unhas mans tan afinadas.
    Bico

  4. espello di:

    Ei, xa podes ir invitando a daikiris! Xa sei que non cres na sorte, pero ás veces danse o que un psicanalista chamaría “coincidencias significativas” e eu definiría como pó de ideas. Ultimamente, o aire vai cargado de polen, sol, Gibson e neurociencias 🙂

  5. espello di:

    Ei, xa podes ir invitando a daikiris! Xa sei que non cres na sorte, pero ás veces danse o que un psicanalista chamaría “coincidencias significativas” e eu definiría como pó de ideas. Ultimamente, o aire vai cargado de polen, sol, Gibson e neurociencias 🙂

    P.D: falando de casualidades, nunca adiviñarías o que me acaba de saír de palabra pase para deixar o comentario

  6. Aqui seguirei W.Sobchak, dándolle un aquel á habitación (coma a famosa alfombra).
    Veñan eses daiquiris Aliada! Hoxe precisamente teño os dedos algo (en realidade un dedo) fastidiado(s), cousas do azar e de non saber mover as cadeiras con feches de ferro… Por Gibson brindaremos sempre, que tamén fai guitarras moi boas 😀
    Non creo que o adiviñe, pero podías contarmo Raíña. A min púñame “terribly plots”