Cuestións temporais

O tempo e o espazo foron estes últimos días as miñas dúas principais preocupacións. O espazo, como xa podedes observar, é novo. O tempo, irremediabelmente, tamén. Os espazos físicos tamén me tiveron moi ocupado estes días pero conseguín por en marcha este novo espazo d’ As ovellas, do cal estou bastante orgulloso. A mudanza levou un pouc máis de tempo por iso de familiarizarse con novos instrumentos, novos espazos, novas formas de traballar… Pero a esperiencia foi positiva e o funcionamento da Blogaliza semella óptimo.

O tempo tamén é o eixo central dun filme antigo e un recente que saíron en conversa estes días. O primeiro deles, é The time machine, baseado na novela de H.G. Wells e dirixido por George Pal no1960. Un filme moi interesante como adaptación, como filme de aventuras e como produción a nivel técnico. Este filme de pé a que Mario me falase da versión de 2002, que seica inclúe un episodio final certamente fascinate. Queda na lista de tarefas para a fin de semana. O outro filme é o de Futurama, que trata dun xeito bastante gracioso as viaxes na liña temporal , as súas consecuencias e a improvabilidade.

Pensando nas posibilidades de semellante máquina, xurdiu a idea de que facer con ela. a min, nun arrebato de fetichismo cinéfilo e exceso de cafeína (ademais facía moita calor), ocorréuseme, que a viaxe axeitada non era ao futuro, que nos depara cousas que mellor é non sabelas, senón ao pasado. A miña parada sería en 1961, ao rodaxe de certa película moi de moda ultimamente por iso das iconas pop que tan ben locen nos bolsos. O meu plan, que require gafas máis grandes (a Raíña saberá de que falo), consistiría en conseguir un papel de secundario, ou mesmo remplazar a George Peppard e trabar conversa con Audrey Hepburn. A partires de aí, tentaría engaiolala contándolle o bonito que é o futuro, o ben que vai internet despois de 1998 (máis ou menos), que eu deseñei todo o merchandising coa sua face (mentir non é malo sempre, díxomo alguén), que USA perderon a hexemonía no baloncesto e precisan dela para saír adiante, que hai series de debuxos para adultos, que se poden dicir tacos pola tv… O dito, un plano perfecto. Aínda así, acepto suxestións e planos para fabricar dita máquina.

Benvid@s á nova casa do pastor.

Tags: , , ,

8 Responses to “Cuestións temporais”

  1. espello di:

    Ualaaaaa! Espectacular a nova leira. Se descubres como viaxar até 1961 promete que me levas. Despois, xa veremos quen é o primeiro en chegar até Audrey… :p

  2. espello di:

    Por que non me sae o avatar?

  3. Pois non sei que pasa cos avatars, eu teño habilitado o uso (penso). Xa o mirarei con calma.
    Alégrame que che gustase a leira nova 😉

  4. Mario di:

    Tendo unha máquina do tempo non hai que pelexarse, podemos facer quendas e aproveitar a miríada de universos paralelos para reproducir un affaire con Audrey para cada un/ha. Iso si, proibido dicirlle ao outro que vai acabar de Aníbal no Equipo A.

  5. Eh, non se vale! Se levas a cabo o teu plano de viaxar ao pasado para zumbarte a Audrey, non se vale mentir!!! En tal caso avísasme e vou contigo, non por Audrey (que por certo, seguro que cae antes coa Raíña, sento desilusionarte. Onde se víu unha icona do glamour cun grunge?) senón porque penso que Coster é do 47. Mándasme uns dez anos despois…Podería dicirlle que eu lle conto o segredo para o triúnfo da súa carreira profesional. A ver, Kevin, meu rei, indios si, barcos futuristas e inghertos de cabelo, non. O meu será menos imaxinativo…pero esqueces que un actor só te escoitará se lle estás a falar del mesmo. Muahaha

  6. Arqueira di:

    gosto muuuuuuito da nova imaxe! a ilustración do cabezallo é incríbel! E estou de acordo co plan, coa actriz e con todo o que tramedes para ligarse a mitos eróticos do cine, se o invento se comparte, claro 😀

  7. Creo que a máquina só ten unha praza Mario, síntoo :p
    A Costner había que darlle uns cantos consellos Aliada. Eu comezaría por dicirlle que estudase e se fixera vendedor ou algo así.
    Alégrome que che guste Arqueira, é doutro tema de Blogaliza, pero mestureino con esta plantilla porque me gustaba máis o resultado.
    O invento este creo que ía estar moi solicitado, por certo…

  8. Mario di:

    Aver, aínda que só teña unha praza é unha máquina do tempo, pódense facer quendas igual a menos que teñas pensado non volver. E nese caso avisa que nos repartimos os teus cds.