Comentarios en: Por que é importante o software libre? http://asovellaselectricas.blogaliza.org/2009/10/29/por-que-e-importante-o-software-libre/ Gardei rabaños máis alá de Orión... Tue, 25 Mar 2014 04:38:45 +0000 hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7 Por: A Raíña Vermella http://asovellaselectricas.blogaliza.org/2009/10/29/por-que-e-importante-o-software-libre/comment-page-1/#comment-1611 Fri, 30 Oct 2009 14:02:03 +0000 http://asovellaselectricas.blogaliza.org/?p=345#comment-1611 Por falar daquilo que sei, a Xunta, e mais concretamente o Sergas, gasta non sei cantos cartos en informatizar os datos dos pacientes, utilizando para tal fin, como non, un sistema baseado en Windows, que ademáis de ser caro, ten os problemas de privacidade que tod@s coñecemos. Despois, escoitamos un rosario de queixas sobre que o sistema cae cada dúas por tres e que hai problemas coa confidencialidade, que é o que xa tódolos usuarios e ex-usuarios de Windows sabemos, pero a ninguén se lle ocorre cambiar o sistema, nin sequera suxerir que igual non foi boa idea empregar Windows. Corolario: Microsoft logrou un monopolio non só de facto, senón mental, até o punto en que xa nin se formula a posibilidade doutro sistema operativo. E se propós empregar software libre, mírante como se estiveras tola.

]]>